O arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández, participou na 130ª Asemblea Plenaria da Conferencia Episcopal Española, celebrada en Madrid do 16 ao 20 de novembro.
Durante o encontro, os bispos coñeceron os preparativos da Peregrinación Europea da Mocidade, que se celebrará en Santiago do 15 ao 18 de xullo de 2027, en pleno Ano Santo Compostelán. A Arquidiocese e a Subcomisión Episcopal para a Mocidade e a Infancia traballan xuntas na súa organización.
A Plenaria tamén ratificou as liñas de acción pastoral da Conferencia Episcopal tras a visita de León XIV a España e conmemorou o 60º aniversario da institución.











