• Será o venres 29 de decembro ás 20h
  • A celebración na parroquia compostelá é a “central” para a vigairía coruñesa
  • Estará presidida polo párroco, D. José María Pintos

Por primeira vez, a festa solemne da Sagrada Familia celebrarase este ano na nosa arquidiocese de modo “descentralizado”. Como xa anunciamos por este medio, por expreso desexo do noso arcebispo, mons. Francisco José Prieto, a celebración “oficial” será o domingo 31 ás 12’30 h na parroquia coruñesa da Resurrección do Señor, no barrio das Flores (Monelos).

Pero desde a Delegación de Familia e Vida convócase a todos os fieis composteláns a celebrar a festa da Sagrada Familia dun modo especial, conscientes da dificultade que entraña desprazarse ata A Coruña o día de fin de ano.

Por este motivo celebraremos a solemnidade dous días antes do que nos marca o calendario litúrxico.

Será unha eucaristía especial, na que acolleremos os distintos modos de ser e vivir a familia que se dan na nosa arquidiocese. Trátase de lembrar, como nos din os bispos españois na súa mensaxe, que “as familias cristiás atopan na Sagrada Familia o exemplo que seguir, así como un sólido punto de referencia e unha firme inspiración”. Todo iso sen perder de vista que a nosa misión é hoxe, máis que nunca, anunciar a Xesucristo e colocalo como o centro de cada familia.

E finalizaremos ao redor da mesa para compartir tamén o alimento do corpo nun ambiente de fraternidade.

Esperámosvos!

 

Fuente: Delegación de Familia e Vida

Previous articleNadal no Seminario
Next articleCelebracións de Nadal – 2023/2024