Parafraseando a San Xoán Paulo II, o arcebispo tamén indicou que “a Eucaristía é unha escola onde aprendemos a amar” e convidou os mozos a deixarse mirar por Cristo.
Posteriormente, na Adoración eucarística houbo momentos de silencio, reflexión en torno ao Evanxeo e cancións que caracterizan as horas santas de Hakuna. Os sacerdotes, mentres tanto, estiveron dispoñibles para confesar. Unha vez realizada a bendición e a reserva do Santísimo, a celebración terminouse cun canto á Virxe.
Hakuna, como os define o Papa Francisco é unha familia eucarística que nace en Río de Xaneiro na JMJ de 2013: “Cristiáns que xuntos seguimos a Cristo, compartindo un estilo de vida que aprendemos axeonllados ante Cristo Hostia. E así aprendemos a vivir axeonllados ante o próximo, ante a vida e ante o mundo”.