Encontro do arcebispo de Santiago con representantes de Vida Ascendente

Hoxe mércores, a Curia Diocesana de Santiago de Compostela foi o escenario dun encontro entre Monseñor Francisco Prieto, Arcebispo de Santiago, e os representantes de Vida Ascendente, movemento cristián dedicado á promoción espiritual das persoas maiores.
Na reunión participou Jaime Tamariz, director nacional de Vida Ascendente, acompañado pola presidenta nacional do movemento, así como por Mª do Rosario Coroa Manzanedo, presidenta diocesana, xunto a varios membros e animadoras de distintos grupos da Coruña. O encontro serviu para estreitar lazos entre a diocese e esta organización, que traballa para fomentar a vida espiritual e a participación activa dos maiores na comunidade eclesial.
Os asistentes intercambiaron impresións sobre os desafíos e oportunidades que afronta Vida Ascendente no seu labor pastoral, destacando a importancia de reforzar o acompañamento e a formación espiritual dos membros do movemento. Monseñor Prieto expresou o seu apoio e recoñecemento ao traballo realizado pola organización, animando aos seus membros para continuar coa súa misión de fe e servizo.
Previous articleCando amamos e coidamos o enfermo, amamos e coidamos a Cristo mesmo"
Next articleClausura do curso no ITC e o ISCCR