O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández, mantivo na mañá de hoxe un encontro cun grupo de nenos de catequese procedentes da parroquia de Campo Lameiro.
Os menores acudiron acompañados polo seu párroco, o P. Carlos Salazar, así como por dous catequistas, no marco dunha visita á capital compostelá. Durante o encontro, o arcebispo saudou cordialmente os nenos, interesándose polo seu proceso de formación cristiá e animándoos a vivir con alegría a súa fe.
A visita serviu tamén como ocasión para que o grupo participase na tradicional Misa do Peregrino na Catedral de Santiago.












