Encontro Diocesano de Nenos e familias 2025

As delegacións de Pastoral de Infancia e Mocidade, Familia e Catequese organizan o 1 de maio o XI Encontro diocesano de nenos e familias en Santiago de Compostela, convocado polo noso arcebispo Mons. Francisco José Prieto. Trátase dunha xornada festiva, que, baixo o lema: “Porque a esperanza existe”, terá o seguinte horario:

10.30h – Acollida (Colexio de La Salle).

11.00h – Actuación VALIVÁN para todos

12.00h – Obradoiros (para familias e nenos)

14.00h – Xantar de trouxe (cada un trae o seu)

15.00h – Xogos (nenos) / Café – coloquio (pais)

17h – Eucaristía na catedral presidida polo Arcebispo.

Quen pode participar?

O encontro está pensado principalmente para nenos de 3º a 6º de Primaria (acompañados dos seus catequistas, párrocos, profesores) e para as familias. Se veñen fillos máis pequenos desa idade ou maiores tamén poden participar no encontro. Vendo o volume de participación doutras idades exporemos algún obradoiro para eles.
Imos repartirnos en grupos para os obradoiros?
Si, ofertaremos varios obradoiros ese día, poderedes dividir os vosos nenos en función dos catequistas que os acompañedes, xa que ningún neno pode acudir sen un responsable que oe acompañe.
Que facemos os pais mentres os nenos están cos catequistas nos obradoiros?
Os pais tamén terán os seus obradoiros pola mañá, preparados pola delegación de pastoral familiar.
Temos que levar comida?
Si, a comida é de trouxe (eu trouxen empanada, tortilla, bocadillo). Cada un traerá o seu.
Que facemos cos autobuses?
Unha vez que á mañá chegan a La Salle e descargan a xente, márchanse ata as 18h, hora na que termina a Eucaristía, e pódenvos recoller preto da catedral (nas dársenas de Xoán XIII).
Hai que pagar algo? Este ano pedímosvos unha achega voluntaria de 1€ por participante para cubrir os gastos que carrexa o encontro e que recolleremos na mesa de inscrición.
Hai que inscribirse?
Si, a inscrición realízase en grupo: parroquia, colexio, movemento, etc. enchendo este formulario.
Previous articleBendición do novo palio da Virxe da Serenidade en Santiago de Compostela
Next articleFelicidades, Don Francisco