O Arcebispado e Caixa Rural Galega subscriben un convenio de colaboración

Hoxe martes, 8 de marzo, nas oficinas da Curia diocesana, o Arcebispado de Santiago de Compostela e Caixa Rural Galega subscribiron un convenio de colaboración Desta forma, a entidade bancaria pon á disposición de todas as parroquias diocesanas produtos e servizos financeiros especiais, como poden ser exencións ou melloras nas comisións de mantemento da conta corrente, da banca electrónica, da emisión de recibos, etc.
Subscribiron o acordo o ecónomo diocesano, D. Fernando Barros, e o director comercial de Caixa Rural Galega, D. José Manuel López Marcos. A súa duración será de 12 meses a partir da súa firma, e prorrogarase por períodos anuais, salvo que calquera das partes lle manifeste á outra por escrito a súa intención de non prorrogalo.
Previous articleDon Julián Barrio asiste en Madrid á Permanente da Conferencia Episcopal Española
Next articleMons. Julián Barrio preside o Xubileo de Cáritas Española