O arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, asistirá mañá e o mércores á reunión que a Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española (CEE) celebrará na sede da CEE, na rúa Añastro. Durante estes dous días os bispos traballarán sobre os seguintes temas:
• Borrador de documento co tema “Persoa, familia e ben común”.
• Estudo dunha Nota Doutrinal sobre a Obxección de Conciencia.
• Proposta de elaboración dun documento sobre o relatorio da corresponsabilidade no Sostemento da Igrexa.
• Servizo de Axuda e Orientación para as Oficinas diocesanas ou provinciais de denuncias de abusos de menores.
• Presentación do borrador do Directorio sobre os ministerios laicales de lector, acólito e catequista.
• Actualización das Normas básicas de formación dos Diáconos Permanentes.
• Revisión do Regulamento das Comisións Episcopais.
Ademais, os bispos membros da Comisión Permanente recibirán información sobre o Catecismo de adultos, o primeiro anuncio e o Ministerio do catequista; sobre os traballos do equipo sinodal da CEE; e sobre o estado actual de Ábsida (TRECE e COPE).
A orde do día inclúe tamén a aprobación do temario da próxima Asemblea Plenaria que terá lugar do 25 ao 30 de abril. Como é habitual, trataranse distintos temas de seguimento e económicos; ademais do capítulo de nomeamentos.