O venres 8 de maio, ás 20.00 horas, tivo lugar na parroquia de Ortoño a celebración do sacramento da Confirmación, nunha Eucaristía presidida polo arcebispo de Santiago de Compostela, monseñor Francisco José Prieto Fernández.
Nesta celebración participaron tamén fieis e confirmandos de distintas comunidades parroquiais, entre elas Covas, Transmonte, Portor, Piñeiros, Lens e Bertamiráns, xunto coa comunidade de Ortoño.
A mocidade que se confirmou culminou así a súa preparación catequética, recibindo o sacramento nunha cerimonia marcada polo acompañamento de familiares, padriños, catequistas e membros das parroquias presentes.
A celebración contou ademais coa participación do párroco e doutros membros da comunidade eclesial, nun ambiente de recollemento e alegría compartida.
Durante a homilía, monseñor Francisco José Prieto animou aos mozos para manter viva a súa fe e a vivila con compromiso e coherencia na súa vida cotiá, tanto dentro da Igrexa como na sociedade.












