Na festividade de san Xoán de Ávila, o arcebispo chama os sacerdotes a ser “homes de oración, Eucaristía e evanxelización”

  • Na festividade de san Xoán de Ávila, o arcebispo reúne na Catedral o seu presbiterio nunha cerimonia na que se honrou aos que cumpriron 25, 50 e 60 anos como sacerdotes.
Arquidiocese de Santiago de Compostela celebrou este venres, 9 de maio, a festividade de San Xoán de Ávila, patrón do clero secular español, cun acto central na Catedral compostelá no que se rendeu homenaxe a 27 sacerdotes que este ano conmemoran as súas vodas de prata, ouro e diamante ministeriais. A cerimonia, presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández, volveu converterse nunha das principais expresións de comuñón entre o pastor diocesano e o seu presbiterio.

A xornada comezou ás 10.30 horas cunha meditación na Capela do Seminario Maior Interdiocesano, impartida por monseñor Ciriaco Benavente Mateos, bispo emérito de Albacete, quen ademais dirixiu durante esta semana os exercicios espirituais para o clero. Posteriormente, ás 12.00 horas, celebrouse na Catedral de Santiago unha Eucaristía de acción de grazas presidida polo arcebispo compostelán e concelebrada xunto ao arcebispo emérito, monseñor Julián Barrio; o propio monseñor Ciriaco Benavente Mateos; o vicario xeneral, o vigairo pastoral, os vigairos territoriais, membros do Cabildo catedralicio e numerosos presbíteros da diocese.
Durante a homilía, o arcebispo compostelán dirixiu unhas palabras de agradecemento especial aos sacerdotes homenaxeados polos seus 25, 50 e 60 anos de vida sacerdotal, recoñecendo a súa entrega silenciosa e constante ao servizo da Igrexa e das comunidades parroquiais: “Grazas pola vosa perseveranza e a vosa fidelidade, sostida moitas veces en silencio e sempre pola graza do Señor”.

A celebración contou ademais coa presenza das reliquias de san Xoán de Ávila, trasladadas ata Santiago polo vicerreitor do seminario diocesano de Córdoba. Durante a súa homilía, o arcebispo subliñou o profundo valor simbólico desta presenza na Catedral compostelá, á que definiu como o “corazón da diocese” e un lugar que, ao longo dos séculos, “foi fogar de numerosas vocacións e testemuño vivo de fidelidade sacerdotal”.
Monseñor Prieto estruturou a súa mensaxe ao redor de tres piares esenciais da vida sacerdotal inspirados na figura de San Xoán de Ávila: a oración, a Eucaristía e a evangelización. Sobre a primeira destas dimensións, advertiu dos riscos dunha vida ministerial desvinculada do encontro privado con Cristo. “Sen oración o noso ministerio baleírase por dentro”, afirmou, subliñando que só quen se deixa coidar por Deus pode coidar de verdade aos demais.

O arcebispo insistiu igualmente na centralidade da Eucaristía como fundamento da identidade sacerdotal. “Non somos donos da Eucaristía, senón que a servimos”, sinalou, lembrando que nela se atopa “a fonte e o cume” da vida do presbítero. Así mesmo, animou os sacerdotes para evitar que a rutina dilúa o sentido profundo da celebración eucarística.
A dimensión evanxelizadora ocupou tamén un lugar salientable na homilía do arcebispo. Tomando como referencia o Evanxeo proclamado durante a celebración, monseñor Prieto animou os sacerdotes a non perder o ardor misioneiro e a continuar anunciando a mensaxe cristiá, especialmente a quen se atopa máis distanciados da fe; “A misión non depende dos resultados, senón da fidelidade e da fecundidade que obra en nós o Espírito”.

O arcebispo apelou tamén á autenticidade e coherencia de vida como principal forma de testemuño cristián. “Non se nos pide perfección; pídesenos verdade”, afirmou ante os sacerdotes presentes, a quen invitou a non conformarse con “unha pastoral de mera conservación”, senón a renovar continuamente o celo evanxelizador.

O prelado expresou de forma directa o seu apoio e proximidade ao clero da diocese: “Necesítovos, a Igrexa necesítavos e o pobo fiel necesita sacerdotes que oren, que vivan da Eucaristía e que anuncien o Evanxeo coa vida e coa palabra”.

A celebración concluíu cunha oración polo papa León XIV, coincidindo, segundo lembrou o propio arcebispo, co primeiro aniversario da súa elección como sucesor de Pedro. Desde a Catedral compostelá eleváronse tamén pregarias polos froitos apostólicos e espirituais da súa próxima viaxe a España.

Os sacerdotes homenaxeados nesta festividade foron Francisco Javier Buide do Real, Santiago Cotelo Suárez, Manuel Jesús Formoso Fernández, José López Moldes, Javier Martínez de Bedoya, José Carlos Mato Tosar e Eduardo Alberto Prado Alvaredo, polas súas vodas de prata sacerdotais.

Nas vodas de ouro foi recoñecid

Previous articleAs Conferencias de Primavera do ITC reivindican a educación da interioridade nun mundo marcado pola distracción e a présa
Next articleConfirmacións en Ortoño