O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu este xoves en Santa María de Azogue de Betanzos, a Eucaristía con motivo do centenario do Colexio das Fillas da Natividade de María nesta vila.
As Fillas da Natividade de María son un Instituto Secular froito dunha inspiración concedida polo Espírito á Igrexa na persoa de Don Baltasar Pardal Vidal, que inspirado nas palabras de Xesús “se non vos facedes como nenos non entraredes no Reino dos Ceos”, toma como modelo a María e vive na sinxeleza do corazón que flúe da Infancia Espiritual e da unión a Xesús Eucaristía.