As Irmás Catequistas de Xesús Crucificado, celebraron o seu 50 aniversario de aprobación pontificia e fan partícipes diso a toda a Igrexa diocesana de Santiago, para unirse á súa acción de grazas.
Por este motivo, onte venres ás 20:00hs o arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu unha Eucaristía de Acción de Grazas na Parroquia de San Fernando.
As Irmás Catequistas de Xesús Crucificado é un instituto relixioso de Dereito Pontificio desde 1974, e dedícanse ao traballo evanxelizador da Igrexa, colaborando nas diferentes vertentes da pastoral, como en secretariados diocesanos de catequeses ou traballos parroquiais acompañando na formación de catequistas e axentes de pastoral en todos os niveis, grupos xuvenís e vocacionais, familias, adolescente e outras necesidades pastorais.
O seu Carisma é: “Ser testemuñas de Cristo Crucificado mediante a vida consagrada e a Evanxelización e a Catequese, pola forza do Espírito para Gloria de Deus Pai”
As HCJC teñen presenza na Arquidiocese de Santiago de Compostela desde 2014, concretamente na Delegación para a Catequese e o catecumenado, onde comparten o seu Carisma catequético evanxelizador, a través do acompañamento aos catequistas das diferentes parroquias, elaborando en equipo material para a súa formación, dando un empuxe na evanxelización dixital.
Na Parroquia de San Fernando teñen a súa residencia e aí, unha das irmás colabora nas actividades parroquiais. Actualmente, son tres irmás que conforman a comunidade: María de Lourdes Hernández Nanguelü, Margarita Migdalia Cundapí Morais e María Magdalena Ramírez Chamas. As tres de nacionalidade mexicana.