Na Festa do Bautismo do Señor, Mons. Prieto fai memoria agradecida do don do bautismo e chama á misión e á esperanza neste Ano Xubilar

Hoxe domingo 12 de xaneiro a Igrexa celebra a Festa do Bautismo do Señor. Esta festividade marca o final do ciclo de Nadal e a manifestación do Señor. A Misa Estacional, ás 12:00 horas na Catedral compostelá, estará presidida polo Arcebispo de Santiago, Mons. Francisco Prieto Fernández.

Na súa homilía, o prelado compostelán destacou como a voz do Pai presentou a Xesús, nacido en Belén, tras os anos ocultos en Nazaré. Nesta etapa, Xesús, cheo da sabedoría eterna, aprendeu a vida cotiá, o que máis tarde se reflectiría nas súas parábolas.

Mons Prieto indicou que Xesús, ao recibir o bautismo de Xoán, solidarizouse coa fraxilidade humana e o pecado, “mostrando así o seu papel como servo de Deus, que ofreceu perdón e misericordia á humanidade”. O Arcebispo tamén lembrou que, ao finalizar a súa vida na cruz, Xesús entregou o seu espírito, comezando así a súa misión de curar os oprimidos e facer o ben.

Terminou a homilía con esta palabras: “Nesta festa facemos memoria agradecida do don do noso bautismo no que Deus tamén nos chama e fainos os seus fillos amados: chamados á misión e á esperanza neste ano Xubilar”.

Tradicionalmente, o domingo seguinte á Epifanía está dedicado a conmemorar o Bautismo de Xesús no río Jordán por San Juan Bautista, concluíndo así todo o ciclo natalicio e dando paso ao Tempo Ordinario do calendario litúrxico.

Previous articleMons. Prieto asiste á ordenación de dous novos bispos auxiliares de Valencia
Next articleLa Comunidad Redentorista conmemora o centenario da súa presenza en A Coruña