La Comunidad Redentorista conmemora o centenario da súa presenza en A Coruña

Nunha emotiva celebración que congregou a comunidade relixiosa e fieis, os Padres Redentoristas conmemoraron o centenario da súa misión na Coruña cunha Misa solemne presidida polo arcebispo de Santiago, Mons. Francisco Prieto Fernández. A cerimonia tivo lugar na Igrexa da nosa Señora do Perpetuo Socorro, hoxe domingo 12 de xaneiro, coincidindo coa festa do Bautismo do Señor, e marcou o peche dunha serie de actos conmemorativos organizados para esta fin de semana.
Así, onte sábado 11 de xaneiro, Juan Manuel del Río relatou a historia dos Redentoristas en Coruña mediante unha charla. Lembrou como en xaneiro de 1925 chegaron a Coruña, dedicados á predicación e evangelización a través das misións populares. Tamén destacou como ao longo de todos estes anos, foron ferventes portadores da Palabra e a Boa Noticia, actuando como instrumentos da presenza de Xesucristo na comunidade.
Nos actos da xornada de onte tamén participou a musicóloga e catedrática de Música Beatriz López Suevos, quen falou sobre os músicos relixiosos Alberto Garaizabal e Gaspar Esmit. Esta primeira parte do centenario concluíu cun recital ofrecido polo coro da Escola Municipal de Música, baixo a dirección de Pablo Carballido e con Ludmila Orlova ao piano.

Na homilía, o prelado compostelán destacou o labor dos redentoristas, inspirados polo carisma de san Alfonso María de Ligorio, na predicación e anuncio do Evanxeo: “Os Redentoristas foron unha presenza constante e fiel na nosa comunidade, levando a Palabra e a Boa Noticia a todos os recunchos da Coruña”.
Mons. Prieto tamén abordou o significado do Bautismo do Señor e a expectativa do pobo ante a chegada do Mesías. Lembrou como Xesús, o Fillo amado, preséntase no Bautismo como expresión de solidariedade coa humanidade: “Unha voz que resoa, a do Pai mostrándonos a aquel que naceu en Belén e, despois de longos anos de silencio, comeza a súa vida pública”.

Así mesmo, Mons. Prieto Fernández eloxiou a figura de san Alfonso María de Ligorio, quen, nun momento de desánimo, atopou unha nova experiencia de encontro co Señor nos sinxelos e pobres: “San Alfonso ensínanos que, na humildade e a simplicidade, podemos achar a verdadeira riqueza da fe e o amor de Dios”.
Finalizou a homilía cun agradecemento a todos os que foron parte desta comunidade ao longo dos últimos cen anos: “Damos unha vez máis grazas convosco, por todos os que, ao longo destes 100 anos, Padres Redentoristas, estiveron presentes nesta comunidade, nesta cidade da Coruña e por toda a Diocese de Santiago”.
Ao finalizar a celebración o Vigairo Xeral dos Redentoristas, P. Alberto Eseverri, deu grazas polos 100 anos de dedicación en A Coruña e máis de 140 anos de misión en Galicia, lembrando a máis de 60 misioneiros galegos, entre eles o padre Francisco Laje e o padre Cancela, lembrados pola súa devoción e servizo: “Dar grazas non é simplemente mirar ao pasado. Dar grazas é mirar ao futuro por todo o vivido, por todo o sementado, por todo o que hai nas nosas vidas”.
P. Alberto Eseverri tivo tamén palabras de agradecemento aos ordinarios e bispos que apoiaron e acompañaron á comunidade, incluíndo a Mons. Francisco Prieto presente na celebración, quen contribuíu a compartir a fe con todos. Estendeu tamén o agradecemento a sacerdotes diocesanos, diáconos e relixiosas que promoveron misións nas súas parroquias e tiveron unha especial devoción á Nosa Señora do Perpetuo Socorro.
Previous articleNa Festa do Bautismo do Señor, Mons. Prieto fai memoria agradecida do don do bautismo e chama á misión e á esperanza neste Ano Xubilar
Next articleInicio das Xornadas Sacerdotais na Arquidiocese de Santiago de Compostela