O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, presidirá este próximo domingo, as celebracións do Corpus Christi en Santiago e A Coruña. As celebracións desta solemnidade darán comezo na véspera do Corpus cunha Hora Santa, que terá lugar na Catedral compostelá, a partir das 20:30hs do sábado día 10.
O domingo, na Coruña, a Eucaristía celebrarase ás 11:30 na Igrexa de San Jorge e tamén estará presidida polo arcebispo. A continuación, desenvolveríase a tradicional procesión co Santísimo ata a Colexiata e posterior bendición
Xa pola tarde e en Santiago, D. Francisco presidirá a Eucaristía na Catedral compostelá, que comezará ás 19:30hs e a cuxo termo se realizará a tradicional procesión de Corpus Christi polas rúas e prazas da zona vella.