Mons. Francisco Prieto invita os composteláns a participar nos actos do Corpus

Estimados/estimadas no Señor:

O vindeiro domingo 11 de xuño, D. m., celebraremos con toda a Igrexa, a solemnidade do CORPUS CHRISTI.

A participación ás 19.30 h. na MISA PONTIFICAL da Solemnidade do Corpo e Sangue de Cristo, na S.A.M.I. Catedral, e na tradicional PROCESIÓN eucarística polas rúas do Centro histórico, é unha ocasión propicia para testemuñar a nosa fe no Misterio Eucarístico.

Previamente, o sábado 10, a partir das 20.30 h., no Altar Maior da Catedral, terá lugar unha HORA SANTA, como preparación a esta Solemnidade.

E o domingo 11, desde as 10.30 h. ata as 19.00 h. o Santísimo permanecerá exposto na Capela do Santísimo, para que poidamos manifestarlle a nosa adoración e agradecemento.

Quero convidarlle a Vd. persoalmente a estes actos litúrxicos, á vez que lle rogo encarecidamente que os dea a coñecer e convide os seus irmáns e coñecidos e a cuantos poida a unirse aos mesmos.

Santiago de Compostela, seis de xuño de dous mil vinte e tres.

+ Francisco José Prieto Fernández.

Arcebispo de Santiago de Compostela.

Previous articleA Igrexa diocesana celebrará este domingo a solemnidade do Corpus Christi
Next articleMons. Prieto confirma un grupo de mocidade en Ares