NÓS, O DOUTOR DON FRANCISCO JOSÉ PRIETO FERNÁNDEZ, POLA GRAZA DE DEUS E DA SEDE APOSTÓLICA, ARCEBISPO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA,
Tomando posesión da Arquidiocese de Santiago de Compostela o día 3 de xuño de 2023, coas facultades que conforme ao dereito compiten aos Bispos diocesanos, por medio da presente confirmo no seu cargo donec aliter provideatur aos que co anterior Arcebispo diocesano exercían as responsabilidades de Vigairos Episcopais e calquera cargos que segundo dereito requirisen de confirmación.
Publíquese este Decreto no Boletín Oficial do Arcebispado e gárdese unha copia no Arquivo da Chancelería.
Dado en Santiago de Compostela a cinco de xuño de dous mil vinte e tres
Por mandato de S. Excia. Rvdma.
Elisardo Temperán Villaverde,
Canciller-Secretario