A Diocese de Santiago de Compostela participa nas XLV Xornadas de Apostolado Segrar en Madrid

A fin de semana do 26 e 27 de outubro varios membros do equipo da Delegación para o laicado da archidiocese de Santiago participamos nas XLV Xornadas de Apostolado Segrar en Madrid. Unha cita anual que congrega aos delegados de Apostolado Segrar/Delegacións do Laicado, así como aos seus equipos e aos responsables de Asociacións e Movementos Laicales de todo o país. Nesta ocasión se celebraron baixo o título de “Chamados a facer camiño coa humanidade”

A mañá do sábado tratou sobre a cultura vocacional e a vocación laical de presencia no mundo, a través dunha ponencia, a modo de mesa redonda, realizada por Jorge Sierra, Delegado de Pastoral de La Salle para España e Portugal e Estrella Moreno, Directora do Instituto Diocesano de Teoloxía e Pastoral da diocese de Bilbao e moderada por Sandra Várez, directora de Comunicación de la Fundación Pablo VI. Ademáis das persoas que participamos na xornada, máis de mil persoas conectadas a través de Youtube tamén puideron acceder en directo á ponencia.  Nela resaltouse por unha parte que toda vida consiste en responder á chamada a unha vida digna e plena, e por outra, a necesaria implicación do laicado na transformación da sociedade.

Para quen desexe profundar nas reflexións compartidas, está dispoñible a continuación:

Previous articleXornada de Formación do voluntariado de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela
Next articleOV24 | Día da Igrexa Diocesana · Arquidiocese de Santiago de Compostela