A Catedral de Santiago acollerá unha nova misa diaria do Peregrino

A partir do próximo luns, 14 de xuño, a Catedral de Santiago acollerá unha nova misa diaria do peregrino, ás 9:30 h, tal e como acordou esta semana o Cabido.

Desta maneira, a Misa do Peregrino celebrarase diariamente no altar maior ás 9:30 h, 12:00 h e 19:30 h.

A estas misas súmanse a das 11:00 h na capela da Corticela, e as das 10:30 h, en lingua inglesa, na capela do Centro de Acollida ao Peregrino.

Previous articleIntervención de mons. Barrio en Cope: 11 de xuño de 2021
Next articleMonseñor Barrio: “O Papa estivo moi cariñoso connosco na audiencia”