16 NOV | Asemblea Pastoral Diocesana

A Arquidiocese de Santiago de Compostela prepárase para un importante evento: a Asemblea Pastoral Diocesana de Representantes, que terá lugar o sábado 16 de novembro de 2024 no Colexio La Salle de Santiago.

Convocada polo Arcebispo Mons. Francisco Prieto, esta Asemblea ten como obxectivo principal servir como un espazo de encontro para os diferentes órganos diocesanos, axentes de pastoral e realidades eclesiais significativas, así como impulsar a pastoral na Igrexa local, pechar o Ano Pastoral 2024 e presentar as orientacións pastorais para o 2025.

Á asemblea están convocados:

  • Vigairos episcopais, delegados e responsables de Departamentos.
  • Consello Diocesano de Pastoral, Consello Presbiteral e Consello de Consultores
  • Arciprestes, vicearciprestes e secretarios dos novos arciprestados.
  • Representantes laicos de cada novo arciprestado: 30 prazas para os grandes, 20 para os medianos e 10 para os máis pequenos.
  • Representantes da vida relixiosa e consagrada (1 por cada casa ou comunidade).
  • Responsables de movementos, asociacións, grupos apostólicos laicais e presidentes de confrarías.

Inscrición:

A inscrición realízase enviando un correo electrónico a vicariapastoral@archicompostela.org antes do martes 12 de novembro.

Débese indicar: nome dos asistentes, arciprestado, congregación ou grupo que representan, número de teléfono e se xantarán na Hospedería de S. Martiño Pinario (20€).

Orde do día:

10:00 Acollida (aboar o xantar) e sentar por arciprestados.
10:20 Saúdo e presentación.
10:30 Oración.
11:00 Intervención do Sr. Arcebispo.
12:00 Descanso – café.
12:45 Informacións diocesanas e testemuños.
14:30 Opción para xantar en S. Martiño Pinario (20€)
17:00 Eucaristía na Catedral

Preparación Espiritual:

Proponse a organización de vixilias de oración interparroquiais nos días previos á asemblea, como unha forma de prepararse espiritualmente e escoitar o Espírito Santo.

Estas vixilias enmárcanse no Ano da Oración 2024 e buscan orar polos froitos da renovación pastoral na Igrexa local.

 

Previous articleO Arciprestado de A Coruña celebra unha Vixilia de Oración en preparación para a Asemblea Pastoral Diocesana
Next articleO Seminario Maior Interdiocesano celebra a festa de San Martiño