Visita de mons. Francisco Prieto ao Centro Penitenciario de Teixeiro

O Nadal chega aos sitios máis escondidos e onde a dor é máis grande… D. Francisco, Arcebispo de Santiago, quixo deixar a mensaxe alegre do Nadal, o Deus connosco, no Centro Penitenciario de Teixeiro. Alí celebrou a Eucaristía acompañado do voluntariado da Pastoral Penitenciaria e da súa Delegada, Dª. Yolanda Sànchez, dos sacerdotes colaboradores e do capelán do Centro. Como todos os anos nesta visita de Nadal, ata alí se achegaron a nova directora da Cáritas diocesana, Dª. Pilar Farjas, e do director saínte, D. Anuncio Mouriño, así como o Delegado episcopal D. Santiago Fernández e do anterior, D. Jesús García Vázquez. Un cento de internos e internas participaron na celebración.
Na homilía Monseñor Prieto salientou como tamén dentro dos muros da prisión debe chegar a alegre mensaxe do anxo a María. O Nadal nos trae noticia do Deus feito home que trae paz e consolo a todos os recunchos.

A continuación os visitantes coñeceron o módulo 5, de educación a través do deporte, e o módulo para presos con especial atención psiquiátrica. D. Francisco tivo ocasión de visitar os despachos dos equipos terapéuticos.

D. José Ángel Vázquez, Director do centro, e varias persoas do equipo directivo acompañaron a visita, e entregaron un agasallo realizado polos presos aos responsables de Cáritas que comezan e finalizan a súa misión como mostra de agradecemento pola especial sensibilidade amosada e os moitos proxectos iniciados en Teixeiro.

Juan González-Redondo, capelán.

Previous articleEncontro de mons. Francisco Prieto cos Medios de Comunicación Social
Next articleNadal no Seminario