- O grupo presidido por José Manuel Fernández Alvariño abordou temas de actualidade e a relación entre a Igrexa e o mundo da empresa
Vigo, 27 de outubro de 2025.- O grupo empresarial Vicus Gallaecia, composto por empresarios e empresarias líderes en distintos sectores económicos de Vigo e de Galicia e presidido por José Manuel Fernández Alvariño, celebrou un encontro co arcebispo de Santiago de Compostela, Monseñor Francisco José Prieto.
Ao xantar, celebrado no Hotel Pazo Os Escudos de Vigo, tamén asistiron o bispo de Tui-Vigo, Monseñor Antonio José Valín, o bispo emérito desta Diocese, Monseñor Luis Quinteiro, e o económo da Arquidiocese compostelá, Fernando Barros.
No transcurso do encontro, os integrantes de Vicus Gallaecia analizaron diversos temas, desde unha mirada á sociedade, a Igrexa e ás súas institucións,a educación, a crise de valores, as vocacións, o mundo empresarial e do traballo, o Ano Santo ou a postura ante os conflitos no mundo, como a crise climática e os conflitos bélicos.
Sobre Vicus Gallaecia
O grupo empresarial Vicus Gallaecia, fundado en 2021, fundaméntase en impulsar Vigo e Galicia, contribuír ao desenvolvemento económico e social de España e dialogar coas personalidades que marcan a axenda e o pensamento político, económico e social.












