Toma de posesión dos membros do Patronato da Fundación Educativa Ultreia

Na tarde do luns 9 de marzo, ante o arcebispo compostelán, xuraron os seus cargos os integrantes do Padroado da Fundación creada por Mons. Francisco José Prieto Fernández para xestionar os centros educativos diocesanos, salvo D. José Felipe Trillo Alonso, Profesor Titular no Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC, que o fará o vindeiro xoves. Compoñen o Padroado, ademais do mencionado, as seguintes persoas:
María Consuelo Ferreiro Regueiro, Profesora Titular de Dereito do Traballo e da Seguridade Social na USC.
Maria Teresa Iglesias Polo, Filla da Natividade de María, directora do colexio A Grande Obra de Atocha da Coruña, actual presidenta de Escola Católicas de Galicia.
Alfonso Mera Nogueiras, Sacerdote da Unidade Pastoral de Ribeira.
Jorge Mira Perez, Catedrático da área de Electromagnetismo do Departamento de Física Aplicada da USC, académico correspondente da Real Academia Galega da Lingua.
Guadalupe Murillo Solis, Directora Xeral de Pescamar, presidenta do Pontevedra C.F.
Fatima Noya Varela, profesora de ensinos medios, responsable da Delegación Episcopal para as Misións e membro do Consello Diocesano de Pastoral.
Carolina Pereira Santiso, Licenciada en Dereito, funcionaria de carreira do Corpo de Xestión (A2) da Administración Civil do Estado.
Ricardo Sanjurjo Otero, Doutor en Teoloxía, profesor no Instituto Teolóxico Compostelán, delegado episcopal de pastoral universitaria, párroco de Santa María de Sar.
Icía Varela Gómez, pandereteira, escritora, profesora no Fogar de Santa Margarida.
Tras unhas palabras de agradecemento por parte do arcebispo, os patróns tiveron a súa primeira reunión. Nela foi elixida como presidenta María Consuelo Ferreiro Regueiro, como vicepresidenta Icía Varela Gómez e como secretaria Carolina Pereira Santiso. O Padroado, así mesmo, nomeou a José Ramón Amor Pan director xeneral da entidade.
Previous articleO arcebispo de Santiago prosegue esta semana os seus encontros con sacerdotes en Montes, Postmarcos, Eume e Soneira-Nemancos
Next articlePresentado o programa da Semana Santa 2026 en Santiago de Compostela