A sede do Arcebispado de Santiago acolleu no día de hoxe a cerimonia na que tomou posesión como delegado de Pastoral do Turismo, ante a presenza do arcebispo mons. Francisco Prieto Fernández e do Vigairo Xeral José Andrés Fernández Farto, o sacerdote Juan Ventura Martínez Reboeiras.
O mundo do turismo na Arquidiocese compostelá constitúe unha realidade extensa e multiforme que esixe unha atención pastoral específica. Por iso, o obxectivo principal desta Pastoral é o de suscitar aquelas condicións óptimas que axuden ao cristián para vivir a realidade do turismo como oportunidade para admirar a creación, compartir momentos cos demais e para achegarnos a Deus.