Santiago renova o Voto a San Roque e o arcebispo chama a unha fe comprometida

A cidade de Santiago de Compostela volveu cumprir este domingo 16 de agosto cunha das súas tradicións máis antigas: a renovación do Voto a San Roque, protector da cidade desde 1517, cando os composteláns se encomendaron ao santo para librarse dunha epidemia de peste.
Charo Barca encomenda a San Roque aos máis vulnerables.
A xornada comezou pola mañá coa misa oficiada polo párroco de San Miguel, Carlos Álvarez Varela. A renovación do voto correu a cargo de Charo Barca, presidenta da Fundación Andrea, que dirixiu a súa invocación a San Roque. Na súa intervención, Charo Barca puxo o acento nalgunhas das situacións de sufrimento que atravesan hoxe millóns de persoas, desde os conflitos bélicos e os desprazamentos forzados ata os desastres naturais e medioambientais. Ante estas circunstancias, reivindicou a vixencia da protección de San Roque e a necesidade de manter viva a confianza no seu amparo.
Barca presentou ademais ao Apóstolo Santiago e a San Roque como figuras estreitamente vinculadas á identidade e a protección da cidade. O primeiro, explicou, representa «a roca da nosa fe» e o protector universal ao que se acode en busca de fortaleza, mentres que San Roque «encarna a compaixón divina nos momentos escuros da enfermidade».

Unha fe comprometida cos demás.

Pola tarde, a misa solemne foi presidida polo arcebispo de Santiago, monseñor Francisco José Prieto Fernández. Na súa homilía, o prelado tomou como referencia a pasaxe evanxélica da muller cananea que pide a Jesús a curación da súa filla para subliñar a forza dunha fe que se expresa na confianza e na axuda aos demais.

Mons. Prieto lembrou a súplica daquela muller, que reclama a Jesús compaixón para afrontar unha situación de fraxilidade. A partir dese episodio, vinculou a figura de San Roque con quen se achega ao sufrimento sen mirar cara a outro lado.

O arcebispo destacou que os contemporáneos do santo o lembran precisamente por acudir ao encontro dos enfermos e afectados pola peste. San Roque, sinalou, chegou a se achegaren tanto a quen sufría que terminou sendo vítima da propia enfermidade.

Para o azobispo, esa actitude converte ao santo nun exemplo dunha caridade «que non coñece medida, que non coñece tempo» e que se pon ao servizo de quen necesita axuda. A verdadeira caridade, explicou, non consiste unicamente en lamentar o mal que se contempla, senón en mirar o outro, acompañalo e actuar ante o seu sufrimento.

«Acompaña ao que está só. Dedica o teu tempo ao enfermo», reclamou durante unha homilía na que insistiu en que cada persoa pode achegar algo. Unha chamada á responsabilidade privado. A reflexión do arcebispo virou tamén ao redor da responsabilidade individual ante as necesidades dos demais.

A reflexión do arcebispo xirou tamén arredor da responsabilidad individual ante as necesidades dos demais.

Nesa liña, presentou a Eucaristía como unha escola de fraternidade e lembrou que celebrar e recibir a Cristo implica tamén unha chamada a «dar vida e darnos vida».

O arcebispo animou así aos composteláns para percorrer os camiños cotiáns da cidade cunha mirada diferente, buscando o encontro con quen necesita compañía, axuda ou consolo. Tamén evocou as palabras do profeta Isaías sobre observar o dereito e practicar a xustiza.

A celebración concluíu coa procesión da imaxe de San Roque polas rúas compostelás, recuperando así un dos momentos máis visibles desta tradición. A xornada serviu tamén para renovar, xunto ao recordo do santo protector de Santiago, unha invitación para facer da fe unha resposta activa ante o sufrimento e a fraxilidade dos demais.

Pola mañá, o propio arcebispo de Santiago desprazárase ademais á parroquia de Santa María de Figueiras para presidir a misa solemne en honra a San Roque, na que participaron o párroco, Miguel López Varela, e numerosos fregueses.

Previous articleO Novo Templo de Sanxenxo celebra medio século de historia coa mirada posta no futuro
Next articleLaxe honra á Virxe do Carmen no Naufraxio