As delegacións de Pastoral Penal de Galicia realizarán o seu encontro anual o vindeiro sábado 11 de marzo en Santiago de Compostela. Ao encontro están convocados todos os voluntarios que participan nesta pastoral que trata de achegar a liberación e a misericordia ao ámbito dos cárceres, así como acompañar as familias e propoñer á comunidade cristiá e á sociedade en xeral propostas de acollida e reinserción. Trátase do noveno encontro que organizan.
Nesta ocasión centráronse no tema «Outro cumprimento de pena é posible» ao fío do Congreso Nacional de Pastoral Penal que, a nivel nacional, se celebrou en Madrid o pasado novembro.
10 e 11 de marzo, Xornadas de Pastoral Penitenciaria para axudar a normalizar a vida en liberdade
“Como normalizar a miña vida en liberdade” é o tema que vai centrar este ano as xornadas da área social de Pastoral Penal. O encontro terá lugar en Madrid o 10 e 11 de marzo.
Despois dos saúdos iniciais e a presentación das xornadas, ao redor das 17.00 horas, dará comezo o primeiro relatorio. A traballadora social do centro penal de Estremera, en Madrid, Laura Andrés Martínez, explicará como normalizar a vida en liberdade a través do legal.
Para esta mesma tarde organizouse unha mesa redonda na que se vai dialogar sobre as dificultades para normalizar a vida das persoas que saen en liberdade. Van intervir, Gemma Pérez Torres, da fundación Social Fillas da Caridade; Mariano Valera, concelleiro de Igualdade, Dereitos Sociais, e Inclusión no concello Elxe; e Sonia Barreda, delegada de Pastoral Penal de Segorbe-Castelló. Tamén se programou un tempo para as reunións por grupos e a posta en común.
Para o sábado 11 de marzo exponse un interrogante: E despois do cárcere, que? A profesora da Universidade Rey Juan Carlos, María Marta Albert Márquez, dará unha resposta desde a reflexión. Despois, un home e unha muller xa en liberdade tamén darán a súa resposta, pero desde o seu testemuño de vida.