Sacramentos da Iniciación Cristiá no Seminario Menor

O pasado sábado 4 de xuño, véspera de Pentecoste, un grupo formado por 15 alumnos recibiron distintos sacramentos da Iniciación Cristiá.

Todos eles foron confirmados na fe da Igrexa ante o noso arcebispo, D. Julián, e a través do seu ministerio recibiron o sacramento do Bautismo un alumno de 2º BACH e unha alumna de 3º ESO, que manifestaron a súa intención de incorporarse á Igrexa como fillos de Deus.

Xunto a estes últimos, tamén recibiron por primeira vez a Xesús Sacramentado, participando plenamente na Eucaristía, un alumno de 2º BACH e dous alumnos de 3º ESO.

Unímonos a eles e as súas familias neste momento gozoso e seguimos pedindo insistentemente polo seu crecemento na fe.

 

Fonte: Seminario Menor

Previous articleMons. Barrio asiste á inauguración da Exposición “Santiago de Compostela no tempo”
Next articleA Igrexa diocesana prepara a súa Asemblea final de curso