O próximo sábado, 10 de xaneiro, convócase novamente a Coordinadora Diocesana de Pastoral Xuvenil. Esta reunión será na Casa de Exercicios de Santiago en horario de mañá de 10h a 14h.

Están convocados representantes das distintas zonas pastorais e arciprestados da diocese, responsables de movementos e asociacións de mocidade, de congregacións relixiosas que traballan con mocidade e de proxectos pastorais da diocese.

Reúnense co obxectivo de facer avaliación do vivido anteriormente e traballar na planificación do ano próximo.

Para participar, inscribirse a través do seguinte formulario:

Para dúbidas ou consultas, utilizar os seguintes medios:

  • Correo: juventud@archicompostela.org
  • Teléfono: 676 827 859

 

 

Previous articlePresentación do conxunto escultórico: EPIFANÍA
Next articleOs paxes de Cáritas Diocesana axudan os Reis Magos a repartir xoguetes a 1.336 menores de A Coruña, Santiago, Arousa e Pontevedra