Mañá venres, día 1 de outubro, festa de Santa Tareixa de Lisieux, tamén coñecida como Santa Tareixiña do Neno Xesús, carmelita, doutora da Igrexa e patroa das misións, o arzobispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, presidirá o acto de reapertura das instalacións de Obras Misionais Pontificias (OMP) en Santiago. Terá lugar a partir das 18:30 horas no local de Rúa da Acibechería, 21. Estará presente José María Calderón, director nacional de Obras Misionais Pontificias e a continuación celebrarase na Catedral unha Misa de envío presidida polo arzobispo, ás 19:30 h. Ao seu remate, o bispo auxiliar, monseñor Francisco José Prieto, pronunciará o pregón de lanzamento da campaña do Domund, ás 20:30h. Contarase coa presenza do misioneiro comboniano Daniel Cerezo, quen falará da súa experiencia en Asia. |