Este venres 28 de xuño, reuniuse o Consello de Asuntos Económicos da Arquidiocese de Santiago baixo a presidencia do arcebispo monseñor Francisco Prieto Fernández. Despois da toma de posesión dos novos membros, presentouse e aprobou a liquidación das contas diocesanas de 2023 cunhas cifras que alcanzan os 25.872.731€ de ingresos e gastos que supoñen un incremento do 17,44% con respecto ao exercicio de 2022.
É importante destacar que no ano 2023 alcanzáronse os niveis orzamentarios de antes da pandemia superando os 25 millóns de euros.
En canto aos ingresos, as achegas de fieis incrementáronse nun 6,13% con respecto a 2022. Mentres que a asignación tributaria subiu un 17,87%. Aumentan os ingresos de patrimonio e outras actividades nun 31,04% e outros ingresos correntes en 125,72%.
En canto aos ingresos extraordinarios, increméntanse tamén nun 96,73%, fundamentalmente pola venda de inmobles e subvencións.
Polo que se refire aos gastos, as accións pastorais e existenciais incrementáronse con respecto a 2022 nun 5,41%. Tamén as partidas de retribucións ao clero e ao persoal segrar aumentaron como consecuencia das cotizacións sociais. As achegas a centros de formación diminúen nun 4,17% e tamén os gastos de conservación e funcionamento nunha pequena contía do 4,54%.
O que aumenta de forma notable son os gastos extraordinarios, sobre todo os programas de rehabilitación nun 119,41%. De feito, a Arquidiocese dedicou un 43,05% do seu orzamento de gastos a este capítulo de rehabilitación e mantemento de inmobles, fronte ao 37,14% no ano 2022.
Esta é a partida máis relevante do total de gastos moi por encima do 16,97% do gasto que se dedicou accións pastorais e asistenciais.
Tamén se presentou a Memoria anual da arquidiocese que como afirma mons. Francisco Prieto: “Non pretende ser unha irresistible mostra de datos e cifras senón unha presenza humilde e testemuñal”. O arcebispo quere compartir o gozo de recoñecer que “este é un tempo de graza no que Deus segue facendo a súa obra en nós e a través de nós, Igrexa en camiño”.
Así, destácase a actividade pastoral a actividade evanxelizadora e a actividade celebrativa con 4883 bautizos, 6078 primeiras comuñóns, 3112 confirmacións e 748 matrimonios.
Así, se destaca la actividad pastoral la actividad evangelizadora y la actividad celebrativa con 4883 bautizos, 6078 primeras comuniones, 3112 confirmaciones y 748 matrimonios.