Mons. Prieto asiste en Madrid á Permanente da Conferencia Episcopal Española

O arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, asistirá hoxe mañá mércores á reunión que a Comisión Permanente da Conferencia Episcopal Española (CEE) celebrou na sede da CEE, na rúa Añastro.

Un dos temas do orde día é o estudo do plan de reparación integral de vítimas de abusos sexuais a menores ou persoas vulnerables no ámbito da Igrexa que elaborou o Servizo de coordinación e asesoramento das oficinas para a protección de menores.

Propostas e documentos das Comisións Episcopais

O presidente da Subcomisión Episcopal para os Seminarios, Mons. Jesús Vidal, levará á reunión da Permanente o borrador do plan de levar á práctica os criterios para a reforma dos seminarios en España.

A Comisión Episcopal para a Doutrina da Fe presentará unha reflexión sobre o documento do Dicasterio para a Doutrina da Fe sobre bendición de parellas irregulares e do mesmo sexo. Ademais, propoñerá á Comisión Permanente facer unha Declaración da Conferencia Episcopal e unha celebración ecuménica con motivo do 1700 aniversario do Concilio de Nicea.

Os bispos tamén van recibir información sobre o próximo Congreso Nacional de Vocacións que, organizado polo Servizo de Pastoral Vocacional, vai ter lugar en Madrid do 7 ao 9 de febreiro de 2025. E sobre os preparativos para o Xubileu 2025, dos que se encarga a Comisión Episcopal para a Evangelización, Catequese e Catecumenado.

Outros temas da orde do día

A orde do día tamén inclúe a aprobación do calendario de reunións dos órganos da CEE para o ano 2025. Ademais, os presidentes das Comisións Episcopais explicarán as súas actividades e proxectos.

Como é habitual, a Permanente recibirá información sobre o estado actual de Ábsida (TRECE e COPE) e trataranse distintos temas de seguimento e económicos; ademais do capítulo de nomeamentos.

Previous articlePresentada a Memoria 2023 da Igrexa en Santiago de Compostela
Next articleRvdo. P. ROMÁN PAWEL WCISLO KOSZULINSKI