A 52ª edición da Pascua Xoven terá lugar do 25 ao 27 de abril en Vilagarcía de Arousa. As actividades desenvolveranse no colexio das Filipenses, nun ambiente de comunidade e fe.
Este encontro, con máis de medio século de historia, consolidouse como unha cita imprescindible no calendario pastoral da Diocese. A Pascua Xove ofrece á mocidade un espazo de espiritualidade, formación e fraternidade.
Manuel A. Couceiro Cachaldora convida a vivir esta edición como un alto no camiño, no contexto do Ano Xubilar de Roma. Baixo o lema “Desconéctate desde dentro”, anímase os mozos a redescubrir o valor da oración, o silencio e a espiritualidade, nun mundo marcado polo ruído e a velocidade.
Desde Vilagarcía, coa cruz da Xunqueira como símbolo, esta Pascua, creada por e para os mozos, reunirá música, poesía, liturxia e comunidade, continuando unha tradición que leva máis de 50 anos transformando corazóns.
📍 25, 26 e 27 de abril – Vilagarcía de Arousa
📍 25, 26 y 27 de abril – Vilagarcía de Arousa