O Seminario Interdiocesano Santiago Apóstolo celebra o “Día do Seminario”

Nun ambiente de profunda alegría e marcado pola festividade de San Xosé, o bispo de Mondoñedo-Ferrol, mons. Fernando García Cadiñanos, presidiu a solemne celebración do Día do Seminario no Seminario Interdiocesano Santiago Apóstolo. Estivo acompañado polos bispos das dioceses de Santiago de Compostela, mons. Francisco José Prieto Fernández; de Tui-Vigo, mons. Antonio José Valín Valdés; así como o emérito de Tui Vigo, mons. Luis Quinteiro Fiuza; polo equipo formativo, sacerdotes e seminaristas.

O prelado, que era a primeira vez que presidía esta celebración neste Seminario, expresou a súa profunda alegría por compartir este momento especial, lembrando con afecto un encontro previo en Roma cos seminaristas. Dirixíndose a eles, destacou a importancia deste primeiro ano do Seminario Interdiocesano.
Mons. García Cadiñanos subliñou o significado transcendental do Seminario como “a esperanza dunha Igrexa diocesana”, afirmando que é aquí onde sentan as bases para o futuro das igrexas particulares e da igrexa en Galicia. “No Seminario están postos os nosos ollos, porque aquí vaise construíndo e edificando as nosas igrexas particulares do futuro,” engadiu.
Cunha mirada posta no porvir, o bispo animou aos seminaristas para prepararse con entusiasmo e a cultivar a fraternidade, a valoración mutua e a corrección fraterna, conformando unha comunidade de talla humana neste exercicio de sinodalidad que une os esforzos de tres Diocese.
Lembroulles tamén a transcendencia do presente na súa formación, salientando que “o futuro se fragua no presente” e animounos a centrarse no “hoxe” do seu discernimiento, formación e vida comunitaria.

Mons. García Cadiñanos resaltou a figura de San Xosé, subliñando catro calidades esenciais que o converten nun modelo inspirador para a vida sacerdotal. En primeiro lugar, como custodio da Virxe e de Jesús, reflectindo a vocación do sacerdote para custodiar a fe das súas comunidades. Neste sentido, mons. García Cadiñanos subliñou a importancia de exercer esta custodia con “tenrura e responsabilidade”, calidades esenciais na linguaxe actual.

A segunda calidade é a obediencia, é dicir, a capacidade de San José para adecuar a súa vida á vontade de Dios é un exemplo crucial para a formación sacerdotal. “O seminario é o momento para desenvolver a capacidade de escoitar a vontade de Deus e da Igrexa,” destacou o bispo.

A terceira, o silencio, afirmando que a pesar de que os Evanxeos non recollen palabras de San Xosé, a súa vida foi un testemuño elocuente. Así, o prelado convidou os seminaristas a prepararse para un silencio interior que reflicta o verdadeiro protagonismo de Cristo nas súas vidas.

E, por último, o servizo. Afirmou que San Xosé viviu de maneira oblativa, anulándose a si mesmo polo proxecto de salvación. Esta actitude, segundo Mons. García Cadiñanos, debe inspirar aos sacerdotes para desposuírse de si mesmos para ofrecerse aos máis necesitados, sendo sembradores de esperanza.

Previous articleD. Francisco visita as Irmanciñas dos Anciáns Desamparados de Betanzos
Next articleReunión dos obispos de Galicia en Lobios