O arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, presidiu esta mañá unha Eucaristía na Capela que as Hermanitas dos Anciáns Desamparados en Betanzos.
Este centro dedícase ao coidado integral de anciáns en situación de vulnerabilidade, ofrecendo un ambiente familiar e cheo de agarimo. A súa misión baséase nos valores do Evanxeo, buscando atender tanto as necesidades materiais como espirituais dos residentes. As Hermanitas dos Anciáns, en Betanzos, contan coa Residencia García Irmáns, situada en O Coto.






