O Colexio de Médicos de A Coruña realiza unha doazón a Cáritas para axudar aos afectados pola DANA en Valencia

O Colexio de Médicos da Coruña entregou esta mañá un donativo a Cáritas, nas oficinas do Arcebispado de Santiago, para axudar aos afectados pola DANA en Valencia. A achega, que ascende a 7.580€, provén da campaña colexial de captación de fondos e do fondo de solidariedade e cooperación do orzamento 2024.
O acto contou coa intervención do arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto Fernández, quen destacou a importancia da solidariedade para facilitar proxectos e axudas aos damnificados pola DINA. Subliñou a relevancia da cooperación entre institucións para manter no tempo a necesaria recuperación material e persoal das persoas afectadas: “Este xesto solidario do Colexio de Médicos é fundamental para apoiar a saúde integral das persoas, que inclúe tanto necesidades materiais como unha contorna saudable,” afirmou o arcebispo.
Pola súa banda, D. Luciano Vidán, presidente do Colexio de Médicos da Coruña, resaltou os valores compartidos con Cáritas como a compaixón, a solidariedade e a xustiza social. “Pareceunos fantástico poder doar a Cáritas, coa certeza de que estes fondos dedicaranse aos fins axeitados e necesarios para axudar aos máis necesitados,” comentou Vidán.
O donativo do Colexio de Médicos da Coruña destinarase á reconstrución dos danos causados pola DINA en Valencia, contribuíndo así á recuperación das persoas e comunidades afectadas..
Previous articlePeregrinación Diocesana a Roma | Aberto o prazo de inscrición
Next articleMons. Prieto asiste á ordenación de dous novos bispos auxiliares de Valencia