Hoxe mércores, 16 de outubro, o arcebispo de Santiago de Compostela, Mons. Francisco Prieto, realizou unha visita ao Establecemento de Vixilancia Aérea número 10 (EVA-10), convidado polo comandante Javier Marcos Barreiro, responsable da unidade.
Acompañado polos sacerdotes da comarca de Postmarcos, Mons. Prieto tivo a oportunidade de recibir unha explicación didáctica multimedia sobre o funcionamento e traballo do persoal do EVA-10. A presentación detallou as tarefas e responsabilidades do equipo na vixilancia e control do espazo aéreo.
Tras a explicación, os visitantes tamén puideron explorar as diversas dependencias da base, coñecendo o estilo de vida e as actividades cotiás do seu persoal, máis aló da vixilancia aérea. Entre os espazos destacados atopábanse un parque de vehículos cun camión antiincendios, unha enfermería completamente equipada, un ximnasio e unha sala onde se almacenan os uniformes do persoal.
O roteiro concluíu coa firma de mons. Francisco Prieto no libro de honra da unidade.