Hoxe mércores, 12 de xullo, o Arcebispo de Santiago de Compostela, mons. Francisco Prieto, administrou os Sacramentos de Iniciación Cristiá –Bautismo, Eucaristía e Confirmación- a un mozo na Parroquia de Betanzos, que foi acollido como novo membro da Igrexa e entrou a formar parte da comunidade parroquial.
Despois dunha esmerada preparación, recibiu estes sacramentos, acompañado pola súa familia, os seus padriños e por un numeroso grupo de fregueses desta parroquia.