O Arcebispado de Santiago cede a Cáritas Diocesana a Casa Reitoral na Illa de Arousa

  • Será destinada á acollida temporal de personas e familias necesitadas

A xestión do inmoble vai levala a cabo a entidade social

Por  medio dun convenio de colaboración o Arcebispado de Santiago cede a Cáritas a casa reitoral e unha horta na localidade da Illa de Arousa que será destinada a vivenda de acollida temporal de persoas e familias necesitadas. Asinaron o acordo José Fernando Barros Fornos  en representación do Arcebispado  na súa condición de Ecónomo da Diocese de Santiago, e Pilar Farjas Abadía  como directoras de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela. No acto estiveron presentes David Álvarez e Mar Viqueira, consiliario e directora de Cáritas Interparroquial de Arousa, respectivamente.

Actuacións

Corresponde a Cáritas a execución das obras de adecuación necesarias para que o inmoble poida ser destinado á finalidade prevista no presente convenio. A xestión do inmoble vai levala a cabo a entidade social que non poderá encomendala ou cedela a un terceiro se non é co consentimento previo e por escrito do Arcebispado. Todos os gastos derivados da utilización dos inmobles serán a cargo de Cáritas, así como os da súa conservación, e mantemento, e as reparacións ou as modificacións que houbese que realizar por obrigación legal ou das compañías subministradoras de enerxía ou servizos.

Igualmente Cáritas comprométese con todas as obrigacións que se impoñen a nivel laboral respecto dos traballadores, ou no seu caso, voluntarios que presten os seus servizos nos inmobles cedidos en virtude do presente convenio

O presente convenio estenderá a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2026, prorrogándose automaticamente, unha vez alcanzada a duración inicial, por anualidades sucesivas, salvo denuncia expresa por escrito de calquera das partes con polo menos dous meses de antelación á data en que se cumpra cada anualidade.

 

Previous articleMons. Prieto: “Non sexamos testemuñas pasivas ante a vulnerabilidade de moitas persoas e familias que non poden acceder ao seu dereito a unha vivenda digna e axeitada"
Next articleEncontro dos bispos das provincias eclesiásticas de Braga e Santiago