Monseñor Barrio presidirá a Eucaristía dO Mércores de Cinza na Catedral de Santiago

Este mércores día 2 de marzo comeza o tempo litúrxico da Coresma. Coa imposición da cinza, a Iglesia inicia os 40 días nos que chama aos fieis á conversión e a prepararse verdadeiramente para vivir os misterios da Paixón, Morte e Resurrección de Cristo na Semana Santa. Monseñor Barrio presidirá a Eucaristía deste Mércores de Cinza na Catedral compostelá ás 19:30 horas.

Nesta xornada inicial da Coresma, a Igrexa bendí e impón na fronte dos fieis a cinza feita das palmas bendicidas no Domingo de Ramos do ano anterior, como un signo e chamada á conversión, ao xaxún, á oración e á esmola. O Mércores de Cinza é un día no que é obrigatorio o xaxún e a abstinencia, tal e como tamén se establece para o Venres Santo, para os maiores de 18 anos e menores de 60. Fóra deses límites é opcional. A abstinencia para comer carne é obrigatoria desde os 14 anos. Todos os venres de Coresma tamén son de abstinencia obrigatoria.

Intensa axenda do arcebispo ao inicio da Coresma

Ao comezo desta Coresma, monseñor Barrio terá unha intensa axenda pastoral. O mesmo Mércores de Cinza, pola mañá presidirá un retiro para os sacerdotes da Vigairía de Pontevedra e pola tarde a Eucaristía na Catedral compostelá. Ao día seguinte dirixirá un retiro aos sacerdotes da Vigairía de Santiago e o venres fará o propio cos sacerdotes da Vigairía da Coruña.

O sábado día 5 pola mañá participará nunha charla cuaresmal aos militantes de Acción Católica na Catedral de Vigo. E xa pola tarde, presidirá a Misa aos Catequistas da Diocese na Catedral de Santiago, na xornada dos Catequistas.

Previous articleCarta Pastoral de mons. Julián Barrio en la Cuaresma 2022
Next articleEl próximo Encuentro de Empresarios Católicos explicado en 2 minutos