- Será o domingo 29 de decembro.
O arcebispo de Santiago, mons. Francisco José Prieto Fernández, presidirá o vindeiro domingo 29 de decembro a eucaristía na festividade da Sagrada Familia na parroquia de Santa Mariña, na localidade pontevedresa de Cambados.
A misa comezará ás 12.30hs. Como é tradicional, renovarán as súas promesas matrimonios que celebrasen este ano as súas vodas de ouro ou prata. Tamén se recoñecerá o compromiso eclesial dos laicos que ao longo de moitos anos foron colaboradores fieis no servizo aos seus irmáns no ámbito das súas respectivas parroquias. Trátase de celebrar o gozo da entrega e a fidelidade na construción do Reino de Deus.
Desde a delegación de Familia e Vida convídase a todos os bautizados da Arquidiocese de Santiago a acompañar ao arcebispo nesta Eucaristía solemne. Invitación que se cursa dun modo moi especial aos fieis que viven no Arciprestado do Salnés.