- O arcebispo reúne na Catedral o seu presbiterio nunha cerimonia na que se honrou aos que cumpriron 25, 50 e 60 anos como sacerdotes
- Mons. Prieto pediu aos sacerdotes descubrir que son convocados a exercer un liderado que toma a súa raíz na caridade pastoral
A festa da memoria de San Xoán de Ávila, patrón do clero español, foi hoxe venres, día 10 de maio, a xornada elixida pola Arquidiócese de Santiago para homenaxear aos 20 sacerdotes que este ano conmemoran as súas vodas de ouro, prata e diamante ministeriais polos seus 25, 50 e 60 anos de servizo á Igrexa compostelá. Esta tradicional cita é un dos momentos fortes de expresión da comuñón do arcebispo co seu presbiterio.
A xornada iniciábase ás 10:30 horas cunha Meditación na Capela do Seminario Maior. Posteriormente, xa ás 12:00 horas comenzaba unha Eucaristía de acción de grazas na Catedral compostelá presidida por mons. Francisco José Prieto Fernández, acompañado polo Vigairo Xeral, o de Pastoral e Territoriais, así como os membros do Cabido e un numeroso grupo de presbíteros.
Na homilía, mons. Prieto invitou os sacerdotes a dar grazas polo ministerio recibido: “que se converte en servizo e entrega da vida de cada un de nós, que se fai celebración, anuncio, acompañamento dos nosos irmáns”. E engadiu: “é unha gran responsabilidade, pero ao mesmo tempo, que fermosura poder acercar o Evanxeo ao corazón dos homes, nosos irmáns”.
O arcebispo agradeceuó, no nome da Igrexa diocesana, a entrega e xenerosidade dos que fan 25, 50 e 60 anos de sacerdocio. e destacou que “só cando Cristo está no centro das nosas vidas, (…) é cando nos damos conta que nos facemos entón servidores do Señor nos irmáns”.
Neste sentido, mons. Prieto afirmou que evanxelizar, non é tanto encher espazos aínda que sexa unha catedral, senón que é poñer o Evanxeo de Cristo no corazón e na vida das persoas.
“O Evanxeo sempre é a boa noticia” destacou o prelado compostelán, “que non está suxeito a modas, nin está suxeito á inmediatez nin moito menos a polarizacións que falsean a realidade”.
D. Francisco pediu aos sacerdotes descubrir que son convocados a exercer un liderado que toma a súa raíz na caridade pastoral: “un liderado que se alimenta en Aquel que é o único que nos precede, nos acompaña e sempre nos espera, Cristo o Bo Pastor”. E engadiu “un liderado que preside, pero preside servindo (…) acompañando”.
Nesta liña, o arcebispo invitou os sacerdotes a descubrir que o seu primeiro e fundamental vínculo con Cristo os leva a vincularse nunha fraternidade: “descubriremos (…) e construiremos entre todos unha verdadeira fraternidade sacerdotal na que sexamos capaces de desterrar etiquetas, prexuízos, os rumores que tantas veces néboan e cobren cunha néboa o noso corazón sacerdotal”.
Mons. Prieto terminou a súa homilía dando grazas ao Señor pola Igrexa que camiña en Santiago de Compostela: “Quero dar grazas por todos e por cada un de vós no voso ministerio (…). Grazas por ese día a día en que acercades o ministerio recibido ao corazón da nosa xente”.
Ordenados en 1964
Manuel Longa Pérez
Ezequiel Allut Leston
Jesús María Antelo Quintáns
Gelasio López Rodríguez
Eduardo Mallo Regueiro
Enrique Porto Rey
Manuel Quintáns Fernández
Manuel Rey Escariz
Manuel Silva Magariños
Ismael Velo Pensado
Andrés Álvarez Castiñeiras
Ordenados en 1974
Ramón Juan Romero Carril
Jorge Juan Gómez Gude
Manuel Ferreiro Mén