O valor dos catequistas: A mensaxe do arcebispo resalta o labor fundamental dos catequistas como “piar fundamental na vida de nosa Igrexa”. Son recoñecidos como formadores das novas xeracións e guías no camiño da fe: “Os catequistas sodes un piar fundamental na vida de nosa Igrexa, pois a través do voso testemuño, da vosa dedicación, formades as novas xeracións e acompañádelas no coñecemento e amor a Xesucristo.”
A catequese como vocación: D. Francisco destaca que a tarefa dos catequistas non é simplemente un labor, senón unha verdadeira vocación, un servizo ao reino de Deus: “O voso labor non é unha simple tarefa, é unha verdadeira vocación, un verdadeiro servizo ao reino de Dios, unha manifestación viva do amor de Cristo que vos envía e envíanos a ser os seus discípulos e facer discípulos a todas as nacións.”
O testemuño persoal: Mons. prieto fai fincapé na importancia do testemuño persoal coherente co Evanxeo como o mellor ensino que poden ofrecer os catequistas: “O voso testemuño persoal, a vosa vida coherente co Evanxeo é o mellor ensino que podedes ofrecer”
O papel do Espírito Santo: Lembra que o verdadeiro protagonista da catequese é o Espírito Santo, que actúa a través da comunidade parroquial, os catequistas e as familias: “Sen esquecer que o verdadeiro protagonista de toda auténtica catequese como de toda acción evanxelizadora é o Espírito Santo”
A comunidade como apoio: O arcebispo destaca o papel da comunidade eclesial, incluíndo os pais como primeiros catequistas, no acompañamento e crecemento dos nenos e mocidade na fe: “Os catequistas e dalgunha maneira todos os que formamos a comunidade eclesial somos testemuñas, mestres e acompañantes dos nosos nenos, mocidade e adultos, no seu camiño de crecemento na fe.”
A importancia da oración: Finalmente, anima os catequistas para cultivar unha dimensión contemplativa e orante nas súas vidas: “Pedimos que tamén esa dimensión contemplativa e orante estea presente en vós e nas vosas vidas.”