- O CITIUS acolle un novo episodio do ciclo “Mentes Singulares” cun diálogo a tres voces sobre o impacto da IA na sociedade e a espiritualidade
O CITIUS acolle un novo episodio do ciclo “Mentes Singulares” cun diálogo a tres voces sobre o impacto da IA na sociedade e a espiritualidade Esta tarde, o Centro Singular de Investigación en Tecnoloxías Intelixentes (CITIUS) da Universidade de Santiago de Compostela (USC) foi escenario dunha conversación interdisciplinar dentro do seu ciclo “Mentes Singulares”.
Baixo o título Por que nos importa tanto a IA?, o novo episodio do podcast do centro gravouse en directo entre as 17:30 e as 19:00 horas no Campus Sur, coa participación de figuras destacadas do ámbito científico, filosófico e relixioso.
O encontro estivo conducido polo catedrático de Computación e director do CITIUS, Senén Varro, quen moderou o diálogo entre o arcebispo de Santiago, mons. Francisco Prieto e o filósofo Daniel Innerarity. A conversación abordou algúns dos dilemas máis urxentes e profundos en relación co desenvolvemento e uso da intelixencia artificial (IA), cun enfoque centrado na ética, a responsabilidade humana e o papel de la Iglesia católica ante estes avances tecnolóxicos.
Un dos temas centrais foi a posible instrumentalización da IA en tarefas relixiosas, como a evanxelización dixital, os asistentes virtuais para explicar a catequese ou mesmo a redacción de homilías xeradas por algoritmos. “Pode unha intelixencia artificial ofrecer consolo espiritual equiparable ao dun confesor humano?”, preguntáronse os participantes, abrindo un debate sobre os límites morais e teolóxicos do uso destas tecnoloxías.
Tamén se reflexionou sobre o risco de converter a IA nunha forma moderna de idolatría, tal como alerta o documento vaticano Antiqua et nova, ao advertir que estas máquinas, capaces de “falar” e “escoitar”, poderían seducir máis que os antigos ídolos de barro.
Outros puntos destacados incluíron o papel da ética e o dereito na gobernanza da IA, o perigo de abdicar decisións morais a sistemas automatizados, e os riscos e oportunidades que ofrece a IA en termos de xustiza social.
O evento deixou sobre a mesa cuestiones fundamentais que, lonxe de resolverse nunha única sesión, abren camiño a un diálogo continuado entre saberes. A Serie “Mentes Singulares” continuará con novas propostas que buscan achegar á sociedade os desafíos máis relevantes do coñecemento contemporáneo desde perspectivas plurais e complementarias.