A delegación do Primeiro Anuncio inicia o curso cunha xornada de misión en A Coruña

A delegación do Primeiro Anuncio quere comezar o novo curso cun gran día de misión na Coruña. Este día invitaremos a todos aqueles que teñan desexo de anunciar a Jesús e desfrutar de un día de evangelización en comunidade, sendo diocese.
O día está deseñado para que a parte da mañá sexa máis de inspiración, formación e oración e na parte da tarde, poidamos levar a cabo a misión na cidade a través de distintos métodos: Unha luz na noite, Piedras vivas ou Soul Rescue. Pola noite, pecharemos a xornada cunha cea tipo verbena.
O evento comezará no Fogar de Santa Margarida, a misión da tarde terá lugar en distintos puntos da cidade e terminaremos cunha cea tipo verbena. A comida poderá ser libre ou no propio Fogar de Santa Margarita por 15€.
O día terá o seguinte horario:
10.30 Acollida
10.45 Oración e ensino
12h Obradoiros 13.30
Misa 14.15 Xantar
16h Equipos de evanxelización
18.30 Evanxelización
21.30 Cea Verbena
Ven compartir a alegría do Evanxeo!

INSCRICIÓN ESPERTA CORUÑA

Previous articleFe, convivencia e natureza na 43ª edición do Campamento Parroquial de San Pedro de Mezonzo
Next articleVilagarcía rende homenaxe a Don José Torrado no 65 aniversario da súa ordenación sacerdotal