Hoxe sábado 23 de marzo, tivo lugar na Casa de Exercicios de Santiago de Compostela o encontro “Ecos do Primeiro Anuncio”. O comezo da xornada, ás 10:00hs., foi orante. Na capela, Reme, de Talleres de Oración e Vida, guiou a oración.
Xa na sala de reunións Alfredo Losada, delegado para o laicado, presentou a importancia do Primeiro Anuncio na vida cotiá. E para iso son necesarios 4 momentos: o primeiro, estar presentes (Presenza) nas “contornas onde nos movemos, facer unha lectura crente da realidade, analizar as situacións desde a mirada de Xesús”. Despois, ser testemuñas (Testemuño) da bondade infinita do Deus-Amor, con feitos concretos. En terceiro lugar, falar coas persoas (Diálogo) debido a que “é nos outros cando nos atopamos” co “Outro”. E tras eses pasos, se o momento é propicio, anunciar (Anuncio) o amor de Deus, da maneira que cada un vexa, dun “Deus que nos acompaña, que nos salva, libéranos e chámanos a construír o Reino”. Trátase de ir ao fundamental, ao nuclear, ao Primeiro encontro con Xesucristo: “Necesitamos comunidades que os acollan, preparadas. Quizá debemos implementar equipos de acollida”.

Posteriormente catro persoas enviadas ao Encontro de primeiro anuncio de Madrid, compartiron o que viviron: o diácono Ignacio, de Fisterra, dúas laicas: Mariña, da parroquia de Santa María de Pontevedra, e Romina, da parroquia de San Fernando de Santiago, e o arcebispo de Santiago mons. Francisco Prieto, que non só compartiu tamén a súa experiencia, senón que animou aos presentes para cultivar o encontro con Xesús: “vivamos o coidado mutuo nas comunidades e a alegría Pascual dunha maneira esperanzadora”.
Tras o descanso, o delegado para o Primeiro Anuncio, Javier García, compartiu a necesidade de que no centro da acción pastoral estea o Primeiro Anuncio: “É importante discernir como introducir elementos kerygmáticos nas actividades pastorais. Pero tamén convén que haxa estruturas de Primeiro Anuncio na Diocese”.

Finalmente, un traballo por grupos onde saíron accións pastorais comúns con elementos do kerygma (grupos de acollida na parroquia, vivencia da enfermidade con esperanza, oratorio para nenos e nenas de catequeses etc.)/ etc.) con outras accións de primeiro anuncio en saída (estar presentes con voz proféfica, visibilidade nos medios de comunicación, transmitir alegría e escoita activa e respetousa).












