Instalada a nova vidreira na Capela da Corticela

  • O deseño correu a cargo de José Ignacio García Fernández e foi executada polo vidreiro Javier Pintos Miranda
  • A composición vítrea representa unha parra no seu desenlace outonal e a súa devota observación devólvenos unha imaxe de Cristo na Cruz

Este 21 de Julio de 2021, seguindo cos labores de rehabilitación da Capela da nosa Señora a Antiga da Corticela, impulsadas polo seu actual párroco, Salvador Domato Búa, quen tamén é o director do Arquivo Histórico Diocesano (AHDS), procedeuse á instalación dunha nova vidreira na ábsida substituíndo a anterior.

O deseño desta correu a cargo de José Ignacio García Fernández e foi executada polo vidreiro Javier Pintos Miranda, resultando da colaboración entre ambos unha obra de gran carga artística e espiritual que enriquece o valor ornamental e litúrxico da coñecida capela compostelá.

A composición vítrea representa unha parra no seu desenlace outonal e a súa devota observación devólvenos unha imaxe de Cristo na Cruz. Desta maneira, a percepción do plano terreal, a vide, se transfigura nunha representación divina, a da crucifixión, mediante o acto da liturxia.

Previous articleArcebispado de Santiago e Abanca renovan o seu convenio financeiro
Next articleA PEJ22 na TVG