Inauguración da edición 27 de As Idades do Home

O rei Felipe VI inaugurou esta mañá en Villafranca del Bierzo a vixésimo sétima edición das Idades do Home, que compartirá sede con Santiago de Compostela. O lema elixido nesta edición é `Hospitalitas´, sendo pois a hospitalidade o fío condutor nesta ocasión, unha virtude que se exercita cos peregrinos que chegan tanto a Villafranca del Bierzo como a Santiago de Compostela, a outra sede da mostra deste ano.

Ata Villafranca del Bierzo desprazáronse desde a diocese de Santiago, o arcebispo mons. Francisco Prieto e o director da Fundación Catedral de Santiago Daniel Lorenzo.

A principal novidade desta edición é que se pode gozar na Igrexa de Santiago de Villafranca del Bierzo onde se atopa a Porta do Perdón dunha experiencia inmersiva que é inédita na historia das Idades do Home. Para iso utilízanse novas tecnoloxías.

A cripta do Pórtico da Gloria da Catedral de Santiago e o mosteiro de San Martiño Pinario acollerán ao redor de 170 obras chegadas desde as dioceses de Galicia e Castela e León, así como de museos nacionais e rexionais, galerías e coleccións privadas, incluso de procedencia estranxeira.

Previous articleEncontros para a elección de representantes no Consello Presbiteral
Next articleEncontro do arcebispo cos tres delegados de Mans Unidas das Dioceses