Homenaxe a mons. Julián Barrio na XXX Asamblea Xeral Ordinaria de Cáritas Diocesana

  • Cáritas Diocesana analizou o traballo dos tres últimos anos
  • Homenaze a monseñor Julián Barrio por máis dun cuarto de século presidindo a institución
  •  “Unha Igrexa sinodal que camiña cos pobres”, lema xeral da Asemblea
  • “Cáritas Diocesana de Santiago quere seguir defendendo os dereitos e a dignidade das persoas esquecidas que se cruzan no noso camiño” (Anuncio Mouriño)

A XXX Asemblea Xeral Ordinaria de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela rendiu unha homenaje de agradecemento ao arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, que  leva máis dun cuarto de século como presidente da institución. Os máis de tres centenares de axentes reunidos nas dependencias do colexio La Salle analizaron o traballo económico, programático e de actuacións, desenvolvido ao longo dos tres últimos anos. O encontro tivo como lema “Unha Igrexa sinodal que camiña cos pobres”, contando para iso coa presenza de Vicente Martín Muñoz delegado Episcopal de Cáritas Española, que se encargou de presentar o relatorio xeral.

Un total de 19 axentes foron homenaxeados polos seus máis  de 25 anos de servizo dentro da institución. A Asemblea concluíu cunha Eucaristía celebrada na catedral e presidida polo arcebispo na que o director diocesano, Anuncio Mouriño, presentou a Invocación no nome de Cáritas Diocesana de Santiago.

Oración

Unha vez finalizada a acollida dos asistentes, a oración de apertura correu a cargo de Jesús García Vázquez, delegado episcopal, recordándonos nela que “nós temos a Xesucristo como o gran protagonista das nosas vidas porque nos parece que é a mellor forma de facernos e realizarnos como persoas. Somos continuadores do seu estilo de vida e queremos poñer en práctica en nós o seu estilo de vida”. Considera que “a fe en Xesucristo e a caridade son como unha única moeda con dúas caras. Somos como dúas dimensións dunha mesma realidade, están unidas e son inseparables”.

García Vázquez sinala que debemos ter presente que “o corazón da mensaxe de Xesús, as súas actuacións, a paixón que alenta toda a súa vida é construír un mundo máis humano, máis solidario, máis fraterno, empezando polos últimos. Toda a vida de Xesús foi unha continua doazón aos demais”.

Saúdo

Nas súas palabras de saúdo á Asemblea o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio, falou do traballo que levan a cabo na institución os voluntarios e técnicos para axudar e atender os últimos da sociedade e animounos a seguir neste traballo. “Caritas conleva esforzos, entrega e traballo, sabendo que as persoas que nela traballan comprométense a servir cun traballo voluntariamente ofrecido”, subliñóu.

O prelado falou de que a acción caritativa se conecta coas esperanzas históricas da humanidade, e coas experiencias orixinarias da fe “porque derivan dunha iniciativa de revelación e redención divinas”.

Camiñar xuntos

O relatorio central da Asamblea correu a cargo de Vicente Martín Muñoz, delegado Episcopal de Cáritas Española, que falou de “Unha Igrexa sinodal que camiña cos pobres”. Durante a súa intervención invitou a reflexionar sobre o papel do laicado na asunción de responsabilidades comunitarias no exercicio da caridade.

Cando se referiu á sinodalidade dixo que implicaba que todos temos que ser escoitados “estásenos convidando a prestar especial atención a quen se atopa nas periferias”. Para o relator o Sínodo convértese “nun serio exame de conciencia para saber se somos capaces de escoitar e responder os pobres”. Considera que “é unha boa oportunidade para reflexionar como camiñar xuntos en Igrexa e cuestionarnos sobre cal é o nivel de participación das persoas máis pobres nos espazos de reflexión, toma de decisións e celebración.

Reflexionou sobre como camiñar xuntos na Igrexa, e de cuestionarnos o nivel de participación dos máis pobres nos nosos espazos celebrativos, de debate e de toma de decisións. “Camiñar xuntos é a forma máis eficaz de manifestar e poñer en práctica a natureza da Igrexa como Pobo de Deus peregrino e misioneiro”, sinalou. Penetrouse no informe FOESSA no que se sinala que son máis de 11 millóns de persoas as que se atopan nunha situación de exclusión “producíndose un ensanche do espazo da exclusión social”. Sobre este particular mencionou que os sistemas de protección son insuficientes e que é necesario abrir camiños de xustiza e esperanza.

Unha Igrexa que camiña cos pobres

A modo de conclusión dixo que a sinodalidade é a forma dun novo modo de ser de Cáritas. E mencionou unha serie de pasos que se deben dar por parte da Igrexa que camiña cos pobres:

-Impulsar unha continua conversión

-Saír ao encontro das persoas empobrecidas e acompañalas

-Fortalecer a comunidade cristiá como signo de fraternidade universal

-Transmitir cambios de justica para a transformación social

-Colaborar na sociedade dos coidados e no coidado da Casa común.

-Contribuír á cultura do encontro.

Para Vicente Martín unha Igrexa portadora de Boas Noticias “é unha Igrexa que se achega ao pobre e se pon ao seu lado e da súa parte, unha Igrexa desprazada, itinerante orientada cara ás cunetas do camiño onde se domicilia o sufrimento, para levar o gozo do Evanxeo”.

Ao referirse a Cáritas sinalou que “está chamada a ser hoxe máis que nunca un lugar de esperanza nas fronteiras da precariedade e a exclusión, que signifique ofrecer oportunidades e traballar, aquí e agora, para impulsar un cambio”.

 

Previous articleCarta pastoral para a Xornada do Domund 2022
Next articleDon Julián invita os diocesanos a rezar polos misioneiros e a colaborar pastoral e economicamente coas misións