Festividade da Translación do Apóstolo Santiago

O xoves 30 de decembro, a partir das 11:40hs, o arcebispo de Santiago Mons. Julián Barrio presidirá na Catedral compostelá a celebración litúr ica da Festividade da Translación do Apóstolo Santiago. Nela conmemórase o traslado do corpo do Apóstolo Santiago o Maior, desde Jaffa (Palestina) ata Galicia, para recibir sepultura no lugar no que hoxe se levanta a catedral.

Durante a misa terá lugar a tradicional Ofrenda Nacional, por parte do Excmo. Sr. Delegado Rexio, nesta ocasión D. Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde da cidade de Santiago de Compostela.

Previous articleMons. Julián Barrio: “Miremos o modelo da Sagrada Familia para que nos diga o segredo para formar unha familia ideal"
Next articleMensaxe do Papa Francisco para a 55 Xornada Mundial da Paz