Hoxe, xoves 20 de febreiro, levouse a cabo no Monte do Gozo un encontro entre o arcebispo de Santiago, monseñor Francisco Prieto, e o Equipo de catequese de todas as Dioceses de Galicia.
Nos últimos anos, sempre se contou coa figura dun bispo responsable do equipo, pero solicitábase que este tamén participase nas reunións para orientar o traballo de maneira directa e efectiva. Esta reunión, a primeira de moitas, marcou o inicio da presenza constante de monseñor Francisco Prieto nos encontros de catequeses, sendo o elixido entre os cinco bispos de Galicia para acompañar e dirixir o equipo.
Durante a sesión, o arcebispo de Santiago, xa familiarizado coa maioría dos delegados, escoitou atentamente as inquietudes e propostas do equipo. Debatéronse sobre os temas prioritarios que requiren abordarse nos próximos anos para a catequese e o rol dos catequistas en Galicia. Monseñor Prieto compartiu toda a mañá cos asistentes, incluíndo un momento de café a media mañá.
O encontro destacouse por un diálogo fraterno no que se intercambiaron opinións e identificáronse as urxencias comúns nas distintas dioceses ao redor da catequese e o servizo do Ministerio de Catequista.